CGAI JÚNIOR
Do 7 de xaneiro de 2014 ao 28 de febreiro de 2014
Nun momento en que as imaxes posúen un enorme protagonismo e nos aproximamos maioritariamente a elas mediante a televisión, a internet, os videoxogos, etcétera, a sección CGAI júnior propón outros camiños que poidan xerar novas emocións e o pracer de compartilas con outros espectadores na mesma sala: achegarnos ao cine no cine.
A través da diversidade da sétima arte, con filmes divertidos, serios ou emocionantes, iniciámonos na lectura das imaxes, viaxamos por outros horizontes, divertímonos… e amamos o cine!
Selkirk, el verdadero Robinson Crusoe
Walter Tournier, 2012.
Había unha vez un corvo e un pardal
VV.AA., 1999-2007.