Box to Box
Do 10 de xaneiro de 2012 ao 29 de febreiro de 2012
En colaboración con: REC. Festival Internacional de Cine de Tarragona.
“BOX to BOX, Da galería á taquilla (From the White Box to the Box Office) é un ciclo centrado en artistas que pasaron do ámbito da videoarte á longametraxe, saltando a distancia entre a galería de arte e a sala de proxección cinematográfica, ou dos coleccionistas á taquilla. Unha realidade que nos últimos anos representa todo un fenómeno nas programacións dos festivais internacionais de cine. Resulta canto menos sorprendente que nun momento no que os novos auteurs do cine contemporáneo quedan sen espazo nos cines (con distribución convencional) e atopan refuxio nas salas de exposicións, saltando directamente das pantallas dos festivais aos auditorios, e incluso institucións museísticas deveñen produtoras das súas novas pezas, os creadores visuais que se relacionaban por defecto con ese espazo natural, tenten saltar cara a sala “comercial” na procura dun público máis amplo. Alén da anécdota do cambio de contexto, esta selección escenifica o punto de partida para reflexionar sobre a influencia da súa formación previa no paso á dirección, cales son as súas aportacións no desenvolvemento da linguaxe cinematográfica, e tentar dirimir o seu significado (e intencións) nun momento no que certo tipo de cine se achega cada vez máis aos espazos propios da arte contemporánea”.
Xavier G. Puerto, comisario do ciclo.
Agradecementos: Mabel Palacín, Maria Adell, Daniel Cockburn, Arjon Dunewin, Ellen Blumenstein, Zeynep Yücel, Maite Villarino, Thania Dimitrakopoulou, Luc Ntonga, José Arturo Martín, Lost but Found, Icon Entertainment, The Match Factory, Insomnia World Sales.