All my life: o cine de Bruce Baillie
Do 12 de setembro de 2016 ao 18 de outubro de 2016
“A obra lírica e intensamente observacional de Bruce Baillie foxe de calquera xénero e explora en diferentes formatos as narrativas non tradicionais. O seu filme Castro Street (1966) foi seleccionado para ser preservado polo National Film Registry dos Estados Unidos en 1992. A influencia do seu traballo só pode cualificarse de indescritible no mundo do cine de vangarda, e o seu papel como membro fundador da distribuidora Canyon Cinema e a San Francisco Cinematheque fala da súa importancia á hora de pór en marcha espazos e estruturas de exhibición e distribución para os cineastas experimentais. Mais a dimensión non-ficcional da obra de Baillie non se destacou abondo: os aspectos documentais de obras mestras como Castro Street e Quick Billy (1970) son tan prominentes e esenciais como esa fusión que desenvolveu no decurso de toda a súa carreira entre o místico e o mundano, o cósmico e o persoal, a mitoloxía e a autobiografía. A escolma das películas de Baillie rende homenaxe ao corpus da súa obra, ao tempo que recoñece o seu legado como artista, mais tamén o seu excepcional traballo como distribuidor e impulsor dos cineastas de vangarda.”
Garbiñe Ortega, comisaria do ciclo.
Agradecementos: Garbiñe Ortega, Canyon Cinema (San Francisco), L'Âge d'Or Festival (Brussels).
![Programa 1: Por que sacar a cámara Programa 1: Por que sacar a cámara](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_3575.jpg?itok=2iJqGF65)
Programa 1: Por que sacar a cámara
![Programa 2: Buscando heroes Programa 2: Buscando heroes](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_3576.jpg?itok=lqnF421l)
Programa 2: Buscando heroes
![Programa 3: Paisaxe (interior) americana Programa 3: Paisaxe (interior) americana](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_3577.jpg?itok=3nbu6sQJ)
Programa 3: Paisaxe (interior) americana
![Programa 4: Correspondencia Bruce Baillie-Stan Brakhage Programa 4: Correspondencia Bruce Baillie-Stan Brakhage](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_3578.jpg?itok=vgU57K9q)