All my life: o cine de Bruce Baillie
Del 12 de septiembre de 2016 al 18 de octubre de 2016
“A obra lírica e intensamente observacional de Bruce Baillie foxe de calquera xénero e explora en diferentes formatos as narrativas non tradicionais. O seu filme Castro Street (1966) foi seleccionado para ser preservado polo National Film Registry dos Estados Unidos en 1992. A influencia do seu traballo só pode cualificarse de indescritible no mundo do cine de vangarda, e o seu papel como membro fundador da distribuidora Canyon Cinema e a San Francisco Cinematheque fala da súa importancia á hora de pór en marcha espazos e estruturas de exhibición e distribución para os cineastas experimentais. Mais a dimensión non-ficcional da obra de Baillie non se destacou abondo: os aspectos documentais de obras mestras como Castro Street e Quick Billy (1970) son tan prominentes e esenciais como esa fusión que desenvolveu no decurso de toda a súa carreira entre o místico e o mundano, o cósmico e o persoal, a mitoloxía e a autobiografía. A escolma das películas de Baillie rende homenaxe ao corpus da súa obra, ao tempo que recoñece o seu legado como artista, mais tamén o seu excepcional traballo como distribuidor e impulsor dos cineastas de vangarda.”
Garbiñe Ortega, comisaria do ciclo.
Agradecementos: Garbiñe Ortega, Canyon Cinema (San Francisco), L'Âge d'Or Festival (Brussels).

Programa 1: Por que sacar a cámara

Programa 2: Buscando heroes

Programa 3: Paisaxe (interior) americana
