
Programa 1: Por que sacar a cámara
Bruce Baillie, 1961-1966
54'. 16mm. Presentación Garbiñe Ortega, comisaria. Entrada de balde
Este programa recompila varios documentais poéticos e sociais de Bruce Baillie concibidos para o circuíto de salas de Canyon Cinema baixo o título The News. Estas pequenas películas propuñan un formato para crear obras de baixo orzamento, urxentes e politicamente concienciadas.
Mr. Hayashi (1961) 3'.
Mass for the Dakota Sioux (1964) 20'.
Valentin de las Sierras (1967) 10'.
Here I Am (1962) 11'.
Little Girl (1966) 10'.