After Hours
Do 1 de setembro de 2008 ao 30 de setembro de 2008
Dúas sesións de curtametraxes presiden as sesións nocturnas do mes. Unha mostra do traballo de Manuel Iglesias Nanín, cineasta autoxestionario do Carballiño, do que o CGAI xa ofrecera a peza Ausencias (2006) en outubro de 2006, e unha seleccción dos títulos máis brillantes de Curtocircuíto, V Festival Internacional de Curtametraxes, organizado polo concello de Santiago de Compostela, co que comezamos unha colaboración que se estenderá nas vindeiras programacións.
Agradecementos: Manuel Iglesias Nanín, José Manuel Mouriño, Tim Redford, Miriam Rodríguez.
Curtametraxes Manuel Nanín
2002-2007
Sesión Curtocircuíto
VV.AA.