After Hours
Do 1 de febreiro de 2008 ao 29 de febreiro de 2008
En colaboración con IN-EDIT BEEFEATER Festival Internacional de Cine Documental Musical de Barcelona.
Nova sección na programación que permite a presenza dunha sesión nocturna, abrindo as posibilidades horarias para o espectador. A sesión dos venres ás 18 horas pasa ás 23 horas co que representa de ampliación da programación, agora tamén con outras propostas cunha periodicidade regular, desde documentais musicais (froito dunha colaboración con “In-Edit Beefeater”, o Festival Internacional de Cine Documental Musical de Barcelona) ata cine de xénero de calidade sen estrear, ao tempo que facilitamos as habituais presentacións na sala de curtas de produción galega.
Agradecementos: Alfonso Camarero, Borja Mucientes.