8ª mostra de vídeo de creación de Cataluña
Do 1 de xuño de 1994 ao 2 de xuño de 1994
O CGAl presenta unha nova edición da Mostra de Vídeo de Creación de Cataluña, a oitava, que recolle os traballos máis interesantes realizados por creadores cataláns independentes durante os anos 1992 e 1993. Comprende sete obras de diferentes contidos e distinto tratamento audiovisual, tendo en común o feito de respostar ás nece-sidades de expresión artística dos seus creadores. Esta Mostra será presentada por Harmonia Carmona, unha das videoartistas incluídas nesta selección.