Programa Ken Jacobs sesión 3
Ken Jacobs, 1964/2006
85'. 16mm/vídeo. Presentación de Ken Jacobs. Entrada de balde.
WINDOW
(Estados Unidos, 1964)
Dirección e produción: Ken Jacobs. Duración: 12 minutos.
“A cámara en movemento configura a imaxe da pantalla decididamente, usando o marco dunha xanela como punto de apoio sobre o cal virar ao redor da escena exterior. A lente do zoom rasga o plano, sacando cara a fóra planos de profundidade e apilándoos, contraendo e expandindo en concorrencia con movementos de cámara para impartir unha tremenda mobilidade aparente ao conxunto de obxectos-formas retratados na pantalla. Anos de fascinación coa xanela precederon a tarde da rodaxe. O filme é exactamente o que saíu da cámara, salvo por un empalme a metade de bobina mecanicamente necesario”. (Jacobs no catálogo da súa retrospectiva “Films That Tell Time”, American Museum of Moving Image).
THE SURGING SEA OF HUMANITY
(Estados Unidos, 2006)
Dirección e produción: Ken Jacobs. Duración: 11 minutos.
Ken Jacobs escribe: “Estereografía da multitude na inauguración da US Centennial Exposition de 1983. Convértese nunha película. Nunha enorme paisaxe 3D escarpado e irregular… Ata que a xente regresa e a escena vólvese a endereitar. Quebrantáronse moitas leis para facer esta película, empezando pola lei da gravidade”.
OPENING THE NINETEENTH CENTURY: 1896
(Estados Unidos, 1990)
Dirección e produción: Ken Jacobs. Duración: 9 minutos.
“1890’s Lumiere/1990 Ken Jacobs.
O feixe de luz do proxector mantén o seu ángulo ao chegar á pantalla e segue en marcha, o volume e a luz van aumentando mentres o París, o Cairo e a Venecia de hai un século desfilan ante os nosos ollos.
Instrucións 3D para o espectador: ao traspasar o limiar da metade do filme, unha luz vermella será o sinal para cambiar o filtro Pulfrich do ollo dereito ao esquerdo (mantendo ambos os ollos abertos). Os asentos do centro son os mellores: a profundidade aumenta canto máis lonxe estéase da pantalla.
Os filtros cóllense polos bordos para preservar a claridade. Calquera lado do filtro pode estar de cara á pantalla, non ten revés nin dereito, nin arriba nin abaixo. Dous filtros diante dun ollo non funcionan mellor que un só, e un filtro en cada ollo simplemente destrúe o efecto” (Ken Jacobs).
Disorient Express
(Estados Unidos, 1995)
Dirección e produción: Ken Jacobs. Duración: 30 minutos.
Unha película feita con metraxe dunha viaxe en tren en 1906, reimprimindo opticamente o material e manipulándoo nun xogo a dobre pantalla. Segundo palabras de Jacobs, “Disorient Express lévavos a outra parte. Unha volta que dura 30 minutos, ides necesitar recorrer ás vosas reservas de enerxía. Aguantade, por favor, non se trata de cine formalista; a orde interésame só na medida na que pode proporcionar unha experiencia. Observade como a planitud da pantalla dá paso a unha sorte de eixo tridimensional, buscade investimentos de profundidade imposibles, esplendor enxoiado, tomografías cerebrais. Conto con que este filme reviva a ansia dunha consciencia expandida”.
GLOBE
(Estados Unidos, 1971)
Dirección e produción: Ken Jacobs. Duración: 22 minutos.
“Ese mesmo ano, Jacobs empezou a investigar o efecto péndulo de Pulfrich, mediante o que se daba ás imaxes en movemento unha potente profundidade 3D. Visto a través dun filtro ‘abre ollo’, a proxección normal dun plano que atravesa unha urbanización nevada dos suburbios en Globe (previamente titulada Excerpt From The Russian Revolution, 1969) convértese nunha inmensa vista panorámica de superficies cambiantes, unha visión tectónica de primeira orde. ‘O son atopado que usei ten unha clasificación X (non é adecuado para nenos nin para Nancy Reagan) pero é importante para o perfecto equilibro no filme (Globe é simétrica) do divino e o profano’” (Amos Vogel).