Programa Ken Jacobs sesión 2
Ken Jacobs, 1969/2014
85'. Vídeo. Presentación a cargo de Ken Jacobs.
CANOPY
(Estados Unidos, 2014)
Dirección e produción: Ken Jacobs. Duración: 5 minutos.
“No seu máis recente traballo estroboscópico, Canopy, Ken Jacobs pon a típica escena de andamios dunha rúa neoiorquina en mezmerizante movemento desafiando a gravidade. Unha miniatura elegante e inmersiva cun estraño efecto estereoscópico falso, que despega como un gravitrón envolto por Christo” (Andréa Picard, programadora da sección Wavelengths del festival de Toronto).
NISSAN ARIANA WINDOW
(Estados Unidos, 1969)
Dirección e produción: Ken Jacobs. Duración: 15 minutos.
Nissan Ariana Window é o nome completo da primeira filla dos Jacobs, cuxa presenza neste filme empeza aínda dentro da calidez do corpo de Flo. Segundo describe Jacobs: “Vemos a Flo e a nosa gata China embarazadas. Esperando. Daquela unha breve pausa na escuridade, para deixar obrar a maxia do cine, e aparecen a nena, e os gatos. Non é tan sinxelo fixar na película o retrato da pequena aventureira. Non hai final máis feliz que o do noso gato na súa cesta. As películas domésticas son as miñas favoritas” (catálogo retrospectiva “Films That Tell Time”, American Museum of Moving Image).
CYCLOPEAN 3D: LIFE WITH A BEAUTIFUL WOMAN
(Estados Unidos, 2012)
Dirección e produción: Ken Jacobs. Duración: 47 minutos.
“Animacións de fotos estereoscópicas domésticas dos sesenta, ciclópeas porque o 3D pódese ver cun só ollo. Flo é protagonista, amigos aparecen no pasado en Kodachrome, imaxes de Isi e Aza demarcan o tempo” (Ken Jacobs).
A LOFT
(Estados Unidos, 2010)
Dirección e produción: Ken Jacobs. Duración: 17 minutos.
“Unha mirada en 3D ao estudo dun artista no centro de Manhattan a piques de parir novos estudos de artistas, o cal é raro, en vista de que un puñado de dentistas e mercenarios de segunda das altas finanzas serán probablemente os novos inquilinos e compradores. Tamén é rara a ausencia de calquera tecnoloxía 3D” (Ken Jacobs).
JONAS MEKAS IN KODACHROME DAYS
(Estados Unidos, 2009)
Dirección e produción: Ken Jacobs. Duración: 3 minutos.
“Jonas é famoso por non actuar como un famoso. Aquí pódeselle ver lonxe do público do cine, perdido no cosmos mentres a historia ocorre noutra parte (a menos que esteamos equivocados, e os momentos máis significativos e reveladores sexan os momentos de calma)” (Ken Jacobs).