Programa 6: Travelogues
Jem Cohen
79´. Vídeo. Subtítulos en galego.
FOR WALTER BENJAMIN
(Estados Unidos, 2008)
Dirección, fotografía e produción: Jem Cohen. Duración: 10 minutos.
“Homenaxe a Walter Benjamin (e a outros dous artistas expatriados e viaxeiros no tempo que me inspiraron: Chris Marker e Patti Smith). Fuxindo do fascismo da súa terra natal, Benjamin refúxiase en París. Alí, a Biblioteca Nacional convértese nun fogar lonxe do fogar. Refuxio cheo de libros, a biblioteca é o lugar onde deixa unha copia secreta de gran parte do material conservado no seu Libro das pasaxes (Passagenwerk). A película é unha colaboración con Patti Smith que se estreou nunha intervención na Fundación Cartier. Parte da narración é produto da técnica de cut-up, para a que empreguei definicións do dicionario da palabra “pasaxe”. O resto escribino eu” (Jem Cohen).
BURIED IN LIGHT
(Estados Unidos, 1994)
Dirección, fotografía e produción: Jem Cohen. Duración: 60 minutos.
Exploración persoal de Cohen por Europa Central e do Leste nun tempo de grandes cambios. Imaxes captadas entre 1992 e 1993 en lugares como Varsovia, Berlín, Praga, Cracovia, Budapest ou Dresde, un mundo en transo de desaparición que xa comezaba a formar parte, como di Cohen, da “rede internacional de centros comerciais”. Importante banda sonora.
BLESSED ARE THE DREAMS OF MEN
(Estados Unidos, 2006)
Dirección, fotografía e produción: Jem Cohen. Duración: 9 minutos.
Un grupo de pasaxeiros anónimos atravesa unha paisaxe non identificada rumbo a un destino descoñecido. Sen guión, realizada a partir do amplo arquivo de documentación de Cohen, pode verse como unha curiosa parábola en tempos de malestar nacional.