 
      Programa 4: Os anos 50
        VV.AA, 1950-1958  
                76'. Vídeo HD. Subt. Castelán
Four in the Afternoon. James Broughton, 1950-51, 14'.
 Abstronic.  Mary Ellen Bute e Ted Nemeth, 1952, 6'.
 Eaux d’Artifice.  Kenneth Anger, 1953, 13'.
 Bells of Atlantis. Ian Hugo, 1952-53, 9'.
 Evolution.  Jim Davis, 1954, 8'.
 Gyromorphosis.  Hy Hirsh, 1954, 7'.
 Hurry, Hurry.  Marie Menken, 1957, 4'.
 N.Y., N.Y.  Francis Thompson, 1949 1958, 15'.
Os anos cincuenta discorren entre dous polos: dunha banda, a persistencia e o enriquecemento de experimentos abstractos presentes en Abstronic, Evolution, Gyromorphosis e N.Y, N.Y.; por outra, o elemento lúdico e o ritual do desexo erótico, presente en Four in the Afternoon e Eaux d'Artifice, onde a auga tórnase un compoñente abstracto e onírico. En Bells of Atlantis as referencias mitopoéticas, case un exercicio de escritura automática confesional, funcionan como indagación sobre o subconsciente e as lembranzas intrauterinas. Este xogo entre organicismo e abstracción reaparece de novo co desexo como fondo en Hurry, Hurry! mediante a xustaposición de imaxes microscópicas de espermatozoides con outras de homes que buscan con degoro un compañeiro sexual.
 
                                