Programa 3
Larry Gottheim, 1976
69'. 16mm. Presentación Miguel García.
PROGRAMA 3: AFINIDADES ELECTIVAS (II)
MOUCHES VOLANTES (ELECTIVE AFFINITIES, PART 2)
(Estados Unidos, 1976)
Dirección, produción e fotografía: Larry Gottheim. Duración: 69 minutos.
“Tres elementos, ao comezo case independentes, que me chaman a atención fondamente, son colocados xuntos: este título que suxire tanto para min, esta narración de Angelina Johnson da historia da vida do seu home, Blind Willie Johnson; e os grupos de materiais visuais, os fragmentos de luz do meu propio mundo de ocupacións persoais. (…) Como en todas as miñas películas, os procesos básicos do cine, a exposición da materia da película á luz, aquí o enfiado conxunto das matrices lineais do son e da imaxe, convértense nunha metáfora, as encarnacións dos actos comezan a se sentir, comezan a coñecer. (…) As palabras, as imaxes, o son, a luz, os fluxos de enerxía brincando e rebuldando na conciencia, tomando forma. Unha celebración das relacións elusivas” (Larry Gottheim). “A película desprégase e retírase diante nosa como o fan as ondas na praia nas seccións 5 e 6. Os propios planos convértense en imaxes familiares, como o fai a burleira e máxica banda de son. A tonalidade da materia da película móvese desde o alto contraste en branco e negro ata as cores tenues, e volta a comezar. Todo este lirismo cíclico dá lugar a unha plenitude, a un conxunto orgánico” (Raymond Foery, Idiolects).