Programa 2: Os anos 30
VV.AA, 1930-1938
83'. Vídeo HD. Subt. Castelán
Mechanical Principles. Ralph Steiner, 1930, 10'.
A Bronx Morning. Jay Leyda, 1931, 14'.
Lot in Sodom. J.S. Watson, Jr., Melville Webber, Alec Wilder, Remsen Wood e Bernard O’Brien, 1930-32, 26’.
Poem 8. Emlen Etting, 1932-33, 19'.
An Optical Poem. Oskar Fischinger, 1937, 7'.
Thimble Theatre. Joseph Cornell, 1938-1968, 6'.
Unha maior expansión das propostas das vangardas marca o cine experimental dos anos trinta, que matiza e fai medrar a herdanza da década anterior. O legado da sinfonía urbana cobra un aspecto máis poético e intimista en filmes como A Bronx Morning. O protagonismo dos elementos rítmicos e o canto á era da máquina volven estar presentes en Mechanical Principles de Ralph Steiner. Outras películas, como Poem 8 y Lot in Sodom, potencian as coreografías de corpos sensuais ou abertamente sexuados. Coa intención de dar forma a imaxes mentais, Oskar Fischinger pescuda nas capacidades expresivas da contorna mediante referencias exclusivamente abstractas. O interese pola descontextualización de imaxes propia da colaxe leva a Joseph Cornell a pór en práctica unha combinación de cine de metraxe encontrado e estratexias surrealistas de combinación de materiais alleos, entre a fascinación polo espectáculo e a nostalxia infantil. (MNCARS)