Programa 2
Larry Gottheim, 1973
77'. 16mm. Presentación Miguel García.
PROGRAMA 2: AFINIDADES ELECTIVAS (I)
HORIZONS (ELECTIVE AFFINITIES, PART 1)
(Estados Unidos, 1973)
Dirección, produción e fotografía: Larry Gottheim. Duración: 77 minutos.
“Completada en 1973 (coa asistencia do CAPS), Horizons concibiuse como unha película individual e continua e mantívose dese modo. Porén, incorporeina como a “Parte I”, como a “Obertura” das series Elective Affinities, que inclúe outras tres películas sonoras: Mouches Volantes (1976), Four Shadows (1978) e Tree of Knowledge (1981)” (Larry Gottheim). “Foi a quinta vez que vía Horizons, de Larry Gottheim (dicía en Anacletos, VII:31, que “cando Confucio estaba compracido coa forma de cantar de alguén con quen estaba, sempre pedía que repetira a canción e uníase el mesmo”). A primeira vez que vin Horizons, en Londres, simplemente a observei, cos meus ollos abertos e resplandecentes, e atopeina moi fermosa. Máis adiante escoitei a Gottheim falar sobre esta película. Descubrín unha complexa páxina de imaxes rítmicas e de correspondencias na película. Durante a segunda e a terceira vez que a vin, quedei moi absorto ollándoa e imaxinando as correspondencias e os ritmos. Pero volvín atopar a película igual ou mesmo máis fermosa. A cuarta vez fíxeno de novo cos ollos completamente abertos, sen ningún tipo de énfase especial. Na proxección na Cooper Union, descubrín de súpeto a súa incrible riqueza de cor. Sentei preto da pantalla e vin esas cores gloriosas e impresionoume o feito de ter visto Horizons catro veces e non notar a magnificencia da súa cor” (Jonas Mekas, Movie Journal Collection, Centre Beaubourg, París).