Presentación do libro “Las imágenes de Carlos Velo“
Publicado pola UNAM de México, coa presenza do seu autor, Miguel Anxo Fernández. Entrada gratuíta.
Las imágenes de Carlos Velo é un recorrido biográfico e profesional pola
traxectoria do cineasta galego Carlos Velo (Ourense 1909-México D.F.,1988)
que pretende achegar ao lector á súa obra, sen descuidar mesmo os seus
proxectos frustrados.
A sesión inclúe a proxección dalgún dos máis importantes traballos de Carlos Velo.
A duración estimada do acto será dunha hora.