POP FILMS
Peter Whitehead, 1966-1969
41´. Vídeo. Subtítulos en galego.
POP FILMS
(Gran Bretaña, 1966-1969)
Dirección e fotografía: Peter Whitehead. Duración: 41 minutos.
Sorpresas e auténticas xoias do extenso arquivo de Peter Whitehead que inclúen directos e gravacións de estudio de Jimi Hendrix Experience, Nico, os Rolling Stones, Eric Burdon & The Animals e a primeira metraxe filmada de Pink Floyd co malogrado Syd Barrett. A construción exemplar das pezas amosa a clarividencia narrativa, orixe dos clips e curtas promocionais musicais contemporáneos, do peculiar cineasta británico.