Ponyo en el acantilado
Hayao Miyazaki, 2008
103 min.
PONYO EN EL ACANTILADO / GAKE NO UE NO PONYO (Xapón, 2008) Dirección e guión: Hayao Miyazaki. Fotografía: Atsushi Okui. Produción: Studio Ghibli, NTV, Dentsu, Hakuhodo DYMP, The Walt Disney company, Mitsubishi, Toho, e Asahi Inryou. Duración: 103 minutos. Sosuke, un neno de cinco anos, vive no alto dun acantilado. Unha mañá, mentres xoga na praia, atopa un peixe femia de cores coa cabeza atascada nun tarro de marmelada. Rescátaa e ponlle un nome, Ponyo, e promete coidar dela. Versión moi persoal do conto La sirenita de Hans Christian Andersen. Miyazaki volve –como en Mi vecino Totoro- a unha animación máis tradicional (empregáronse máis de 160.000 debuxos feitos a man) creando un poema visual cheo de forza e movemento. O autor de El castillo ambulante e El viaje de Chihiro transpórtanos a unha historia en que a través do mar nos fala da importancia do coidado do medio ambiente, da tolerancia, do respecto aos vellos e do valor da amizade sincera. Premios no Festival de Venecia.
-
-
Filmoteca Júnior
Ponyo en el acantilado
Versión lingüística:VEFormato:DCP+5 anos. Entrada de balde