POLA X
Leos Carax, 1999.
135´. Subtítulos en galego.
POLA X
(Francia-Suíza-Alemaña-Xapón, 1999)
Dirección: Leos Carax. Guión: Leos Carax, Jean-Pol Fargeau e Lauren Sedofsky, sobre a novela Pierre o las ambigüedades de Herman Melville. Produción: Arena Films, Vega Film, France 2 Cinéma. Fotografía: Eric Gautier. Intérpretes: Guillaume Depardieu, Yekaterina Golubeva, Catherine Deneuve. Duración: 135 minutos.
Pierre, un escritor de éxito, vive felizmente nun castelo de Normandía con súa nai. A punto de casar, unha noite, non obstante, coñece a Isabelle, unha misteriosa rapaza deambulando polo bosque que lle fai unha sorprendente revelación que cambiará a súa vida: di ser a súa irmá perdida. Pierre comeza entón unha estraña obsesión pola suposta irmá. Outro relato do coñecido director Leos Carax, autor de Mala sangre e Los amantes del Pont-Neuf.