PLANETA PROHIBIDO
Fred M. Wilcox, 1956.
98´. Subtítulos en castelán.
FORBIDDEN PLANET / PLANETA PROHIBIDO
(Estados Unidos, 1956)
Dirección: Fred McLeod Wilcox. Guión: Cyril Hume, sobre “La tempestad” de William Shakespeare. Produción: MGM. Fotografía: George J. Folsey. Intérpretes: Walter Pidgeon, Anne Francis, Leslie Nielsen. Duración: 98 minutos.
Clásico da etapa efervescente do xénero de ciencia-ficción, os anos 50, libremente inspirado na peza teatral de Shakespeare “La Tempestad”. Obra influente no futuro e nos modos do xénero, chea de imaxes memorables e icónicas (o famoso robot Robby), describe a investigación dunha expedición chegada ao planeta Altair-4 para estudar o destino da colonia alí presente ante a carencia de noticias e o posterior encontro da tripulación co Doutor Morbius e a súa filla, únicos superviventes da matanza orixinada por un monstro que axexa o planeta.