Personal Shopper
Olivier Assayas, 2016
105'. DCP. Subt. Castelán
Personal Shopper
(Francia, Alemaña, República Checa, 2016)
Dirección e guión: Olivier Assayas. Fotografía: Yorick Le Saux. Intérpretes: Kristen Stewart, Sigrid Bouaziz, Lars Eidinger, Nora Von Waldstätten. Dur: 115'.
Nova colaboración da superestrela de Hollywood Kristen Stewart cun dos directores clave do cine contemporáneo, Olivier Assayas. Stewart interpreta unha personal shopper que percorre París para arriba e para abaixo cargada de bolsas na súa moto. A pesar de que non lle gusta o seu traballo e se sente absolutamente soa, traballa para ir tirando mentres espera que o seu irmán xemelgo, desaparecido, lle envíe algún sinal. Un día, unha mensaxe anónima chega ao seu móbil. Poida que os seus desexos axiña se cumpran da máis arrepiante maneira. Thriller psicolóxico con referencias ao cine de Brian De Palma, a Hitchcock, ao terror dos 80, unha das propostas xenéricas máis orixinais e magnéticas dos últimos anos que lle valeu a Olivier Assayas o premio de Mellor Director no pasado Festival de Cannes.
(La Aventura)