![PERRO BLANCO PERRO BLANCO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_1932.jpg?itok=Y5bIE3sk)
PERRO BLANCO
Samuel Fuller, 1982
90´. Subtítulos en castelán.
WHITE DOG / PERRO BLANCO
(Estados Unidos, 1982)
Dirección: Samuel Fuller. Guión: Samuel Fuller e Curtis Hanson, sobre a novela de Romain Gary. Produción: Paramount Pictures. Fotografía: Bruce Surtees. Intérpretes: Kristy McNicol, Paul Winfield, Burl Ives. Duración: 90 minutos.
Unha actriz xove atropela un pastor alemán de pelaxe branca cando volve de rodar unha película. Lévao ao veterinario e, xunto ao seu mozo, decide colocar anuncios para atopar ao seu dono. Como ninguén o reclama, queda con el, ata que un día descobre que está adestrado para atacar a persoas de raza negra. O último filme estadounidense de Fuller é un incisivo tratado sobre o racismo baseado na plasmación visual dunha reeducación, a do can protagonista. Incomprensiblemente acusado de racista, de maneira pusilánime a Paramount negouse a estrealo ditando o exilio creativo definitivo do seu autor.