PERIFÉRICOS
Tamara Blanco, Xosé A. F. Holgado e Carlos Méndez, 2006.
59´. Vídeo. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada gratuíta.
PERIFÉRICOS
(España, 2006)
Dirección: Tamara Blanco, Xosé A. F. Holgado e Carlos Méndez. Produción: Alén Filmes. Duración: 59 minutos.
Unha ollada aos anos da movida viguesa. Documental que vai desde finais dos 70 ata 1986, e conta coa participación de cantantes como Germán Coppini (Siniestro Total e Golpes Bajos), Antón Reixa (Os Resentidos), Teo Cardalda (Golpes Bajos), Julián Hernández (Siniestro Total) e Víctor Coyote; pintores como Antón Patiño e Menchu Lamas; os xornalistas Fernando Franco e Diego Manrique; a deseñadora María Moreira, e o perruqueiro Javier Moreda.