
PERDIDO
Peter Lorre, 1951
98´. Subtítulos en galego.
DER VERLORENE / PERDIDO
(Alemaña, 1951)
Dirección: Peter Lorre. Guión: Peter Lorre, Benno Vigny e Azxel Eggebrecht. Produción: Arnold Pressburger-Filmproduktion. Fotografía: Václav Vich. Intérpretes: Peter Lorre, Karl John. Duración: 98 minutos.
O científico Karl Rother descobre que a súa esposa, ademais de serlle infiel, lles está pasando información sobre os seus descubrimentos aos aliados. Rothe asasínaa e os nazis protéxeno para que prosiga unhas investigacións moi útiles para eles. Obsesionado polo crime, continúa impunemente a súa carreira criminal matando a outras esposas infieis. Única película dirixida polo actor Peter Lorre (1904-1964), unha mestura áxil de neorrealismo, cine negro e as propostas fílmicas da modernidade que se achegaba.