PEPPERMINT CANDY
Lee Chang-dong, 2000.
130´. Subtítulos en galego.
BAKHA SATANG / PEPPERMINT CANDY
(Corea do Sur, 2000)
Dirección e guión: Lee Chang-dong. Produción: East Film Company. Fotografía: Kim Hyuong-ho. Intérpretes: Kim Yeo-jin, Sol Kyung-gu, Suh Jung. Duración: 130 minutos.
Yongho está acabado. Plántase en medio das vías e berra: Regreso!. Anos atrás houbo unha vez un rapaz namorado que saboreaba caramelos de menta e xogaba a ser fotógrafo. Pero Corea alistouno e comezou a servirse dos febles, vender os recordos e perder o corazón. Vinte anos despois un cadáver vivo espera a chegada dun tren. Maxistral e desgarradora historia que pasou con enorme éxito polos certames de Xixón, Karlovy Vary e Bratislava.