PEPI, LUCI, BOM Y OTRAS CHICAS DEL MONTÓN
Pedro Almodóvar, 1980
80'
PEPI, LUCI, BOM Y OTRAS CHICAS DEL MONTÓN
(España, 1980)
Dirección e guión: Pedro Almodóvar. Produción: Fígaro Films, S.A. Fotografía: Francisco Femenias (16 mm). Intérpretes: Carmen Maura, Alaska, Félix Rotaeta, Kity Manver. Dur.: 80 min.
Simpática e torpe incursión nun Madrid insólito e underground onde a frescura e desinhibición dun novato e ocorrente Almodóvar proporcionan alegría e perplexidade sociolóxica a partes iguais. Bebe de moitas fontes sen impedir que deixe caer retallos da efervescencia futura do seu cinema. Pastiche lúdico desprovisto de pretensións, hoxe é un documento de primeira man de tantas cousas que voaban nun ambiente de inesquecible descubrimento (cómic, fanzine, grabacións en formatos substandard, fotonovela, punk-rock, drogas, espírito carnavalesco,...).