PAT GARRETT Y BILLY THE KID
Sam Peckinpah, 1973
140´. Subtítulos en castelán.
2ª sesión o luns 2º de xullo ás 20.30 horas.
PAT GARRETT AND BILLY THE KID / PAT GARRETT Y BILLY THE KID
(Estados Unidos, 1973)
Dirección: Sam Peckinpah. Guión: Rudolph Wurlitzer. Fotografía: John Coquillon. Produción: Metro Goldwyn Mayer (MGM). Intérpretes: James Coburn, Kris Kristofferson, Bob Dylan, Richard Jaeckel, Jason Robards. Duración: 140 minutos.
Versión restaurada que recupera outro dos clásicos de Peckinpah masacrado no seu momento polos produtores. Os trazos e motivos principais do cine do seu autor (os temas da amizade, a traizón e a persecución; o retrato de época; a indagación psicolóxica), permiten trazar unha poética e evocadora reconstrución da vida do fóra da lei Billy O Neno e de Pat Garrett, antigo amigo e responsable da súa morte. Un amplo e suculento reparto máis os temas musicais de Bob Dylan reforzan esta inesquecible proposta.