
PARIS-MARSEILLE
Sebastián Martínez, 2004.
70´. Vídeo. Subtítulos en castelán. Entrada gratuíta.
PARIS-MARSEILLE
(Francia, 2004)
Dirección e guión: Sebastián Martínez. Produción: Zorn Production International, Arte (Francia). Duración: 70 minutos.
En maio de 1982, Julio Cortázar escribe “Los autonautas de la cosmopista”, diario dunha peculiar viaxe xunto á súa moza Carol Dunlop polas autoestradas comprendidas entre París e Marsella. Este documental toma o célebre itinerario creando unha obra orixinal e reflexiva.