Once Upon a Time, Cinema
Nassereddin Shah, Actor-e Cinema / ناصرالدینشاه آکتور سینما
Ezatollah Entemazi, Mehdi Hashemi, Mohammad-Ali Keshavarz, Akbar Abi
- 98 min.
O Shah Nassereddin recibe no seu palacio o cinematógrato, quedando completamente fascinado por el. Pronto abandoa tódalas obrigas do seu cargo para convertirse en actor.
-
Cine e islam
Once Upon a Time, Cinema
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Proxección previa de Nan va kuche (Abbas Kiarostami, 1970) 12'
- Ano:1992
- Países de produción: Irán
- Guión: Mohsen Makhmalbaf
- Fotografía: Nemat Haghighi, Faraj Heidari
En Nosferatu n° 19, Cine e Islam
Alberto Elena
«En última instancia, Roozi roozegari cinema podería definirse como unha fantasía ó estilo dos contos de As mil e unha noites, a cal presenta unha historia condensada do cine iraní á vez que expresa en términos máis xerais o meu amor polo cine». A definición do propio Makhmalbaf é tan suxerente como acertada: nacida como resposta ós crecentes problemas coa censura -aínda que non estaba tan claro que unha homenaxe á historia do cine irani fose per se un tema seguro-, Roozi roozegari cinema evoca de xeito libérrimo numerosos episodios da historia da cinematografía do seu país, que é sen dúbida preciso conecer de cara a unha cabal comprensión. O film baralla elementos reais como son a introducción do cine en Persia a raíz da viaxe do Shah Mozafereddin a Europa en 1900, a continua resistencia á súa aceptación por parte de diferentes sectores sociais, o advenimento do cine sonoro con Dokhtar-e Lor (A rapaza do Lorestán, 1933), a eclosión do «novo cine» con Gav (A vaca, 1970) ou a completa renovación emprendida trala Revolución de 1979. Pero todos estes elementos aparecen caprichosamente entrelazados por Makhmalbaf, que non respecta cronoloxia ningunha nin se priva de dar saltos adiante o atrás no tempo (ademais de permitir a algúns dos seus personaxes viaxar dun lado a outro da pantalla), no que basicamente ten que lerse como un conto fantástico rebosante de imaxinación e creatividade. A historia do Shah Nassereddin, a quen o entretemento que lle aportan as súas 84 esposas e os seus 200 fillos non lle impide caer rendido ante os encantos do cinematógrafo -ou, máis exatamente, de Golnar, a «rapaza do Lorestán» do mencionado film-, foi directamente tomada por Makhmalbaf do argumento dun dos clásicos do cine irani, Haji Agha, aktor-e sinema (Hagi Agha, actor de cine, 1932), historia da reconversión á causa cinematográfica dun home moi conservador, inicialmente oposto ó novo invento (...). A paixón do Shah levaráo a abandoar as súas obrigas e convertirse en actor, recurso do que se sirve Makhmalbaf para impelir cara a diante a súa narración e concluir cun rico precipitado de clips do cine iraní post-revolucionario que se pecha precisamente cun plano final concibido como unha fermosa homenaxe a Kiarostami.