PARÍS, BAJOS FONDOS
Jacques Becker, 1951
96´. Subtítulos en castelán.
CASQUE D´OR / PARÍS BAJOS FONDOS
(Francia, 1951)
Dirección: Jacques Becker. Guión: Jacques Becker, Jacques Companéez. Produtor: Raymond e Robert Hakim. Produción: Speva Films, Paris Films. Fotografía: Robert Lefebvre. Intérpretes: Simone Signoret, Serge Reggiani, Claude Dauphin, Raymond Bussières. Duración: 96 minutos.
No París popular de finais do século XIX unha prostituta, Marie, mantén relacións cun membro dunha banda de gángsters. Cando namora dun valente carpinteiro o enfrontamento, a traxedia e a violencia, parecen inevitables. Romanticismo, realismo poético, Renoir, cinema negro, fusión de tantas constantes na obra de Becker.