THE OUTSIDER
Béla Tarr, 1980
122´. Subtítulos en galego.
SZABADGYALOG / THE OUTSIDER / [O FORASTEIRO]
(Hungría, 1980)
Dirección e guión: Béla Tarr. Produción: Mafilm, MTV, Objektív Film. Fotografía: Ferenc Pap e Barna Mihók. Intérpretes: András Szabó, Jolan Fodor. Duración: 122 minutos.
Tarr traza o retrato sen concesións dun mozo inestable, á vez obreiro de fábrica e enfermeiro. O home, que tamén toca o violín, parece incapaz de atopar a felicidade xunto a unha muller, ora sexa a nai do seu fillo ora a rapaza coa que pode casar. Duro compendio das dificultades da clase traballadora na Hungría da Guerra Fría, onde Tarr aínda está preto dunha dimensión documental, adscrito ao movemento chamado a Escola de Budapest.