
Outonarte. Selección de curtametraxes de animación.
OQO Filmes, 2008-2010.
50’. Vídeo. Entrada gratuíta. Presentación a cargo dos seus autores.
OUTONARTE. Selección de curtametraxes de animación
(España, 2008-2010)
Dirección, guión e produción: OQO Filmes. Duración: 50 minutos.
Presentación e escolma de curtametraxes de animación stop-motion de OQO, editora e produtora audiovisual radicada en Pontevedra. Contos, relatos, fabulacións de diversas épocas e tradicións xeográficas, que pasan previamente pola versión impresa do libro ilustrado e rematan logo nunhas versións animadas con diferentes estéticas visuais e un elaborado e manual proceso de realización. A sesión forma parte do proxecto expositivo "Cartografías quebradas", integrado na Mostra artística Outonarte#2010, promovida pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.