OS SEÑORES DO VENTO
Xurxo González, 2008
10´. Vídeo. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada gratuíta.
OS SEÑORES DO VENTO
(España, 2008)
Dirección, guión e producion: Xurxo González. Duración: 10 minutos
A actividade creativa máis importante do concello da Guarda na última década está realizada por un grupo de homes maiores. Eles son "os señores do vento", os responsables dunha instalación na que se combina a intervención na paisaxe (como se fora unha obra de Land Art) e a arte cinética. Eles son os encargados de que o movemento ás botellas non cese...