ONCLE YANKO
Agnès Varda, 1967
22´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
ONCLE YANKO / UNCLE YANCO
(Francia, 1967)
Dirección e guión: Agnès Varda. Produción: Ciné-Tamaris. Fotografía: David Myers, Didier Tarot. Duración: 22 minutos.
En 1967 Varda está en San Francisco, homenaxeada polo certame cinematográfico da cidade xunto ao seu compañeiro Jacques Demy. De xeito inesperado decide realizar unha curtametraxe sobre un home que quince días atrás aínda non coñecía, Jean Varda, un pintor naif moi coñecido especialmente na comunidade hippy que resulta ser o seu tío. Rodada en tres días, Varda capta á perfección moitos compoñentes do momento histórico (psicodelia, contracultura, activismo político) ao tempo que establece un eficaz retrato persoal.