Ô SAISONS, Ô CHATEAUX
Agnès Varda, 1957
21´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
Ô SAISONS, Ô CHATEAUX
(Francia, 1957)
Dirección e guión: Agnès Varda. Produción: Les Films de la Pléiade. Fotografía: Quinto Albicocco. Duración: 21 minutos.
Agudo percorrido polos castelos do río Loire presentado no festival de Cannes de 1958. A liberdade creativa de Varda exteriorízase nunha paisaxe subitamente animada, o cruzamento de compoñentes amorosos e desenfadados, a narración con composicións de poetas como Rimbaud e o ton desmitificatorio.