O meu nome é Luis Ferreiro
Roi Cagiao e Fernando Llor, 2010.
78’. Vídeo. Presentación a cargo de Roi Cagiao, Luis Ferreiro, Jorge Gil e Víctor Santidrían. Entrada gratuíta.
O MEU NOME É LUIS FERREIRO
(España, 2010)
Dirección e guión: Roi Cagiao e Fernando Llor, coa asesoría histórica de Víctor Santidrián e Xesús Alonso Montero. Produción: KINOGLAZ. Fotografía: Fernando Llor. Duración: 78 minutos.
Co subtítulo d’Unha historia do antifranquismo galego, Roi Cagiao e Fernando Llor ofrecen unha viaxe pola vida de Luis González “Ferreiro”, militante comunista durante a clandestinidade. Artellado en tres partes, o documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita durante a ditadura, tales como a guerrilla, o exilio e a emigración ou a estratexia de folga nacional pacífica no tramo final da ditadura. A película será presentada polo seu protagonista, Luis González “Ferreiro”, nado en 1939; un dos directores, Roi Cagiao; o asesor histórico e representante da Fundación 10 de Marzo Víctor Santidrián e Jorge Gil, membro do Foro pola Memoria de Galicia e coñecido documentalista.