![O LADRÓN DE BONECAS O LADRÓN DE BONECAS](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_1641.jpg?itok=y_EPY860)
O LADRÓN DE BONECAS
Fernando Cortizo, 2005
12´. Vídeo. Presentación a cargo do Fernando Cortizo. Inclúe a proxección de material promocional da longametraxe O Apóstolo. Entrada gratuíta.
O LADRÓN DE BONECAS
(España, 2005)
Dirección e guión: Fernando Cortizo. Produción: Matriuska Producciones SL. Duración: 12 minutos.
Santiago de Compostela, 1919. Logo dunha infancia moi difícil, o Doutor Hermes dedica toda a súa enerxía a conseguir o elixir da eterna felicidade. Tras varios experimentos, chega a unha conclusión: a esencia da felicidade está nas bonecas. O problema é que os nenos non lle darán os seus xoguetes, nin sequera en aras dun beneficio mundial. Só lle restará unha opción: roubar as bonecas.