O fantasma do Novais
Margarida Gil, 2012.
93'. DCP.
O FANTASMA DO NOVAIS
(Portugal, 2012)
Dirección e guión: Margarida Gil. Produción: Ambar Filmes e RTP. Fotografía: Acácio de Almeida. Intérpretes: Cleia Almeida, Miguel Nunes. Duración: 93 minutos.
Polas rúas de Guimarães aínda transita o fantasma de Novais, ilustre crítico portugués exiliado, primeiro xornalista acreditado en Cannes, amigo de Buñuel e Bazin e mais peza imprescindible na carreira de Oliveira. Ana, alporizada directora atoada na montaxe do seu documental sobre Novais, pide axuda á súa amiga Cleia. Aquí comeza a súa azarosa e sorprendente busca e captura, entre personaxes de ficción que invaden a realidade e retallos superrealistas e cómicos da vida de Ana e do seu fermoso e indolente mozo.