O descubrimento de Américo/ Lúa/ Decalcomanía
Miguel Mariño, 2014-2015
54'. DCP/ 16mm. Entrada de balde. Presentación: Miguel Mariño
O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICO
(Miguel Mariño, España, 2015), DCP, 29'.
“A finais de 2012 recibo tres latas de película de 16 mm. Só, aventúrome co meu proxector cara á travesía do primeiro visionado. Percorrín unha e mil veces aquel mundo, mais sempre chegaba ao mesmo lugar. Unhas imaxes que para min representan ao mesmo tempo a fin e o inicio dunha viaxe.” (Miguel Mariño)
LÚA
(Miguel Mariño, España, 2014), 16 mm, 11'.
Froito do traballo directo sobre o celuloide, sen cámaras polo medio –en parte inspirado polo traballo de cineastas como Tony Conrad e Sistiaga–, ábrese paso dende a escuridade unha lúa chea, e con ela a fascinación que exerce ese punto de luz no infinito. Apelando á cita de Lezama Lima coa que Mariño presenta o filme, “a luz é o primeiro animal visible do invisible”. (Catálogo S8-Mostra Cinema Periférico)
DECALCOMANÍA
(Miguel Mariño, España, 2014), 16 mm, 13'.
O paso da escuridade á luz de Lúa leva a Mariño directo até esta Decalcomanía, na que vai da luz á escuridade, tamén atacando directamente o celuloide. Esta vez, co procedemento que dá título á peza: a decalcomanía, técnica pictórica que se atribúe ao pintor surrealista español Óscar Domínguez. (Catálogo S8-Mostra Cinema Periférico)