O descoñecido1: Antes de que o mundo fora palabra
Obras de Rivers, Russell, Eames e Broughton, 1971-2012
70'. Presentacion por Ben Rivers e Ben Russell. Subt. Castelán. Entrada de balde.
O descoñecido: cine, percepción e estados alterados
Ben Rivers e Ben Russell revisitados
O cine é unha revelación inexplicable. É un médium que transcende o tempo e o espazo e redefine o concepto de ubicuidade. O cine rétanos a romper os patróns a través dos cales (cremos que) vemos e entendemos o mundo. Empúrranos contra todos os límites coñecidos para darmos paso á celebración do arcano. E, se o pensamos detidamente, é moi emocionante… Parece que o cine estivo a canalizar unha enerxía a través de distintos artistas que o recoñecen como o medio perfecto para percibirmos a realidade dunha forma máis expandida -espiritual-. Ben Rivers e Ben Russell sábeno, búscano e explórano no seu cine. Este ciclo é unha invitación para sentirmos e compartirmos ideas sobre intuición fílmica, percepción, sensibilidade, éxtase e todos os sentimentos sen nome que vivimos mentres facemos ou vivimos a experiencia dunha película. Todo isto será revisitándomos a obra de Rivers e Russell neste marco experimental e arrebatador que contará con inducións hipnóticas para nos levar a outros estados e ampliar a nosa experiencia fílmica.
Programa 1: Antes de que o mundo fora palabra
…Cinema is: a translucent mystery
a devotional agony
a quest for ecstasy
a new creation of the world
a society of explorers
a fellowship of inner radiance
– James Broughton
Este programa de viaxes no tempo e espazo reflexiona sobre a linguaxe e as súas limitacións, os mitos, a creación do mundo tal e como o coñecemos e sobre que había ser a nosa percepción da realidade se nos chegásemos a ela sen conceptos preestablecidos.
Duración total do programa: 70 minutos.
POWER OF TEN
(Estados Unidos, 1977)
Dirección: Charles e Ray Eames. Duración: 9 minutos.
Esta película xa clásica transpórtanos aos límites do universo e do noso ser de forma científica e estética.
ORIGIN OF THE SPECIES
(Gran Bretaña, 2008)
Dirección: Ben Rivers. Duración: 16 minutos.
S. é un home maior retirado nunha zona salvaxe e apartada en Escocia que expón a súa visión do mundo e da existencia… e do futuro incerto da nosa sociedade.
AH, LIBERTY!
(Gran Bretaña, 2008)
Dirección: Ben Russell. Duración: 20 minutos.
“A liberdade é a ausencia de ideas. Isto é o que máis me gusta… Recorrín ás cousas que me adoitaban gustar, que non son ideas. E cultívoas. Son sentimentos. Ou impresións, impresións sobre o benestar. Impresións sobre a comprensión. Iso é a vida de verdade. Ou polo menos, está preto de selo” (Ben Rivers sobre Ah, Liberty!).
THIS IS IT
(Estados Unidos, 1971)
Dirección: James Broughton. Duración: 10 minutos.
O escritor e cineasta californiano James Broughton crea un poema sobre o mito da creación que resulta un pequeno e tenro milagre en si mesmo. “Esta é unha película fundamental que promete influenciar o curso do cine como arte nun futuro próximo”. – Hollis Frampton.
THE CREATION AS WE SAW IT
(Gran Bretaña, 2012)
Dirección: Ben Rivers. Duración: 15 minutos.
Tres mitos da República de Vanuatu, illa do Sur do Océano Pacífico, sobre a orixe dos humanos, por que os porcos camiñan na punta do pés e por que un volcán está onde está aínda hoxe.