O apóstolo
Fernando Cortizo, 2012.
80'. Entrada de balde.
O APÓSTOLO
(España, 2012)
Dirección e guión: Fernando Cortizo. Produción: Artefacto Producciones. Fotografía: Matthew Hazeirig. Duración: 80 minutos.
A gran triunfadora dos Premios Mestre Mateo deste ano é este traballo de animación en stop-motion e 3-D cheo de actores coñecidos (voces e reproducións de Carlos Blanco, Celso Bugallo, Luis Tosar, Jorge Sanz, Paul Naschy ou Geraldine Chaplin). Un proxecto longo e laborioso no seu proceso, mestura de creación de atmosferas, terror e humor, que narra a historia dun preso fugado que volve a por un antigo botín acochado nun pequeno e inquietante lugar, próximo a Santiago de Compostela.