Nucingen House
Raoul Ruíz, 2008.
94'. Vídeo. Subt.galego. Presentación libro Ser y no ser. Figuras en el dominio de lo espectral a cargo de Alberto Ruíz Samaniego e Daniel Sánchez Salas. Entrada de balde.
LA MAISON NUCINGEN / NUCINGEN HOUSE
(Romanía-Francia-Chile, 2008)
Dirección e guión: Raoul Ruiz, sobre unha historia de Honoré de Balzac. Produción: Margo Films, MACT Productions e CNC. Fotografía: Jacques Bouquin e Inte Briones. Intérpretes: Elsa Zylberstein, Jean-Marc Barr. Duración: 94 minutos.
A narrativa rica e sofisticada do malogrado Raoul Ruiz (1941-2011) nun conto de terror herdeiro de Balzac. Un escritor, William James, vai vivir a unha mansión coa muller. Pero o lugar está cheo de vida propia, un universo de excéntricos residentes, non moi dispostos a aceptar os novos habitantes. O onírico, os saltos temporais, os xogos narrativos de Ruiz ao servizo dun filme sorprendente, complemento á presentación do libro de Alberto Ruiz de Samaniego, Ser y no ser. Figuras en el dominio de lo espectral.