Novio a la vista
Luis G. Berlanga, 1954
83'.
NOVIO A LA VISTA
(España, 1954)
Dirección: Luis García Berlanga. Guión: Edgar Neville, Luis García Berlanga, Juan Antonio Bardem e José Luis Colina, sobre a narración de Edgar Neville Quince años. Produción: Benito Perojo PC e C.E.A. Fotografía: Cecilio Paniagua, Sebastián Parera, Antonio Ballesteros, Miguel Milá e Ángel Ampuero. Intérpretes: Josette Arno, Jorge Vico, José María Rodero. Duración: 83 minutos.
Anos 10. Loli é unha adolescente a quen a súa nai leva á praia de San Sebastián co secreto propósito de que a moza atope un mozo conveniente, concretamente Federico, un prometedor enxeñeiro a quen coñecen de veranear sempre nese lugar. Pero Loli está namorada de Enrique, un mozo que vai pasar o verán preparando os exames de setembro. Filme cheo de achados formais, Berlanga amosa o seu amplo coñecemento do cine e filtra o carácter máis lúdico e fresco da súa obra, neste caso unha ben curiosa farsa antimilitarista que parte dun conflito xeracional.