November
Hito Steyerl, 2004.
32´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
NOVEMBER
(Alemaña, 2004)
Dirección, guión e produción: Hito Steyerl. Fotografía: Stefan Landorf. Duración: 32 minutos.
Elexía a unha amiga, Andrea Wolf, coa que a videoartista Hito Steyerl (Múnic, 1966) fixera unha película de artes marciais aos 17 anos. Mesturando estas imaxes coas de títulos de Russ Meyer, René Viennet e o actor Bruce Lee, imos descubrindo outros aspectos da vida de Andrea. Acusada de pertencer á Fracción Roxa, alistouse na milicia kurda e foi asasinada en 1998 como presunta terrorista. Que pasara nese tempo? Segundo Steyerl un proxecto sobre a era de Novembro, “cando a revolución está acabada e só os seus xestos seguen circulando”.