MURDER and murder
Joanna Merlin, Kathleen Chalfant, Catherine Kellner, Isa Thomas, Jennie Moreau, Kendal Thomas, Alice Playten, Daniel Martin Berkey, Jones Miller, Rod McLachlan, Rainn Wilson
- 113 min.
Rainer comeza MURDER and murder apropiándose dun dos motivos musicais máis recoñecibles da historia do cine: as notas de John Williams para Tiburón (Steven Spielberg, 1975) anuncian unha ameaza e anticipan unha tensión que non se ve a primeira vista. A duplicación da palabra ‘murder’ no título advirte alén dunha violencia que queda soterrada: esta é, seguramente, a película na que a cineasta leva máis lonxe a súa vontade de cuestionar as convencións do relato cinematográfico e desde o seu inicio entran en xogo elementos de xéneros cinematográficos que se ven alterados. MURDER and murder conta a historia entre Doris e Mildred, dúas mulleres que tratan de construír unha relación fóra dos modelos románticos hexemónicos mentres se ven atravesadas polo diagnóstico de cancro de mama da primeira. A aparición da propia Rainer, a presenza de Jenny e a moza Mildred (dúas figuras que ocupan o mesmo espazo cinematográfico que as protagonistas, aínda que estas non as poidan ver nin escoitar) ou a presenza de estatísticas e discursos médicos descompoñen calquera intento de continuidade temporal, progresión dramática ou expectativas de ficción.
- Ano:1996
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Yvonne Rainer
- Fotografía: Stephen Kazmierski
- Montaxe: Yvonne Rainer