Horas Extra
- 17 min.
Un home novo, Arturo Maly (un dos actores frecuentes do Novo Cinema Arxentino) traballa nunha gasolineira arranxando autos todo o día. Canso e triste, volve á casa coa súa familia, numerosa e apertada. A súa nai insístelle que coma, que durma, que baixe ao bar, cousa que finalmente decide facer. Aí comeza unha aventura nocturna riscosa, de costados sorprendentes, que podería solucionar algúns dos problemas dun mozo que non ve un futuro co que pode conseguir co froito do seu traballo. Isto é algo que se repetiu moito na xeración do 60: mozos sen ningún lugar onde ir nin onde estar, que atopan na intemperie un refuxio.
-
Luz no escuro: María Luisa Bemberg e Eva Landeck en compañía
La brujita
El empleo
Horas Extra
Entremés
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación a cargo da programadora Lucía Salas. Entrada de balde.
- Ano:1967
- Países de produción: Argentina