Yrupẽ
- 79 min.
Guillermo Fernández-Zúñiga foi un pioneiro do cinema científico en España e membro do equipo de difusión audiovisual da República durante a Guerra Civil española. A pesar de ter unha gran importancia histórica, moita da súa obra perdeuse ao longo dos anos. Tal é o caso de La flor de Irupé, película que este iniciou no exilio en Bos Aires, pero que nunca chegou a completar. Candela Sotos realiza un exercicio de reconstrución da memoria persoal, viaxando a través de relatos familiares e arquivos oficiais para lanzar luz sobre unha biografía que, como tantas outras, foi ocultada polo franquismo. Sotos segue os pasos do seu tío avó e constrúe un filme que, entre a ciencia e a poesía, resulta tan único como a planta que lle dá nome: aquel xigantesco e misterioso nenúfar amazónico que florece só unha vez ao ano, de noite e de xeito inesperado. (SEMINCI)
-
La flor del yrupé vuelve a ver la luz en el primer documental de Candela Sotos
Enrique Piñuel (El Salto)
Entrevista con Candela Sotos
Begoña Doñat (Kinótico)



