El collar perdido de la paloma
Tawk al hamama al mafkoud / طوق الحمامة في الألفة والألاف
Navin Shudri, Walid Arakji, Ninar Esber, Sonia Hochlaff
- 90 min.
Mentres estudia caligrafia, o xove Hassan atopa por casualidade un pedazo dun manuscrito. Convéncese de que cando atope o resto do texto coñecerá os secretos do amor.
- Ano:1991
- Países de produción: Francia, Italia, Tunisia
- Guión: Nacer Khemir
- Fotografía: Georges Barsky
En Nosferatu n° 19, Cine e Islam
Alberto Elena
Khemir asume un referente concreto ó evocar explicitamente o universo do gran poetacordobés Ibn Hazm (994-1063), o que sen dúbida debe verse como un inequívoco testimonio da súa fonda fascinación polo esplendor da civilización árabe representado polo período andalusí, que xa constituía o eixo da súa primeira película - Os balizadores do deserto (Al-haimun). É, en realidade, un exemplar da celebérrima obra de Ibn Hazm (O Collar da Pomba) o que está perdido ó longo do film (situación da que, polo demais, deriva o título), o texto desaparecido con que soña Hassan, un xove e namoradizo aprendiz de calígrafo que aspira a descubrir nel tódolos secretos do amor. Soñando coa lexendaria princesa de Samarcanda e coas delicias dun amor que aínda non descubriu verdadeiramente, senón a través dos manuscritos que copia, Hassan embárcase nun aventurado percorrido iniciático. Abandoando o apacible marco da súa escola, a busca de O Collar da Pomba, a busca do amor e os seus segredos que aquel encerra, levará ó xove a coñecer un mundo ata entón insospeitado. Guerras, mortes, prisións..., calquera prezo é bo para Hassan na súa busca mística. A recompensa non está, sen embargo, lonxe. Na súa meditación sobre o amor, que é tamén un suspiro polo perdido esplendor de Al-Andalus, Khemir aposta por crear unha atmosfera de gran fascinación visual. As cualidades plásticas do film destacan, en realidade, por riba de calesquera outros posibles méritos, ata o punto de escorarse perigosamente cara ó esteticismo. Pero, habida conta de cales son as premisas das que parte o cineasta e cales os seus obxectivos, probablemente no podería ser doutra maneira.