La aldea maldita
Carmen Viance, Pedro Larrañaga, Amelia Muñoz, Ricardo Núñez
- 74 min.
No comezo do século XX, en Luján, unha mísera aldea castelá, malviven o labrador Juan Castilla, a súa muller Acacia, o fillo do matrimonio e o avó Martín, cego. A dureza do clima provoca, ano tras ano, a perda da colleita. Esgotado pola situación, Juan enfróntase violentamente a Lucas, o usureiro terratenente do lugar e é encarcerado. A miseria paira sobre Luján e a familia Castilla. Nesas circunstancias de extrema pobreza Acacia abandona a familia para desprazarse á cidade. Tres anos despois, Juan refixo a súa vida e reconciliouse con Lucas. Nunha visita á cidade, prodúcese o reencontro con Acacia nunha taberna e obrígaa a volver cos seus.
La aldea maldita é unha película mítica da historia do cine español. Para moitos, a súa primeira obra mestra. Nacida no momento da chegada do cine sonoro, contou cunha dupla versión, a sonora e a muda. Só a segunda, e de modo fragmentado, chegou ata os nosos días. Os primeiros traballos de restauración que se realizaron foron obra de Juan Mariné a mediados dos anos 80. En 2020, co gallo do centenario do nacemento deste director de fotografía e restaurador, encargouse a creación dun novo acompañamento musical para a película ao coidado do músico e produtor Raül Refree. A composición presentouse no cine Doré en decembro de 2020.
La aldea maldita móstrase, con este novo acompañamento musical, como unha película dunha radical modernidade. Cunha fotografía impresionante, un estilo directo e unha montaxe seca, recolle algúns temas tan actuais coma o do patriarcado ou o baleirado das zonas rurais. Ademais dunha experiencia estética única, La aldea maldita co acompañamento musical de Raül Refree é tamén unha lección de historia e unha análise certeira dalgúns problemas que seguen estando presentes case un século despois da súa estrea.
-
-
-
Cine español. Algunos jalones significativos (1896-1936)
La aldea maldita
Versión lingüística:MudaFormato:35mm.
- Ano:1930
- Países de produción: España
- Guión: Florian Rey
- Fotografía: Alberto Arroyo