Escrito sobre el viento
Written on the Wind
Rock Hudson, Lauren Bacall, Dorothy Malone, Robert Stack
- 99 minutos
Un neurótico e alcoholizado magnate do petróleo de Texas, Kyle Hadley (Robert Stack) casa cunha deseñadora, Lucy (Lauren Bacall). A súa irmá Marylee (Dorothy Malone) está apaixoadamente namorada do seu axudante, Mitch Wayne (Rock Hudson). Logo dun ano de matrimonio, Hadley comeza a angustiarse e a beber porque a súa muller non queda embarazada. Cando Lucy anuncia que van ter un fillo as sospeitas xustamente recaen en Mitch. A conxunción de elementos ben axustados, a crítica social, o ton de axustada desesperación e un poderoso vigor na representación fan deste filme outra das obras mestras de Douglas Sirk. Oscar á mellor secundaria para Dorothy Malone.
Sonbert admiraba de Douglas Sirk a súa capacidade para revelar as fisuras do mundo burgués sen reducir os seus personaxes a heroes ou viláns. Written on the Wind retrata a descomposición dunha familia adiñeirada nun exuberante universo visual. A intensidade melodramática, os círculos de desexo e frustración e a espectacularidade case operística da posta en escena atopan o seu eco no propio cine de Sonbert. (Francisco Algarín e Carlos Saldaña)
-
-
-
-
-
Ponte aérea: o cine de Warren Sonbert
Escrito sobre el viento
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.
- Ano:1956
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: George Zuckerman; novela Written on the Wind de Robert Wilder
- Fotografía: Russell Metty
- Montaxe: Russell F. Schoengarth
- Produtora(s): Universal